Formación asociado ao programa Xuventude Mentoring, convocatoria 2026

Imagen del curso 09 - Curso Inglés B2 - XM26
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Presentación.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 08. A captación do talento
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

FORMACIÓN VOLUNTARIA DO PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

Dentro desta actividade de networking que combina contidos en liña e en modo presencial incidirase en como as empresas abordan a captación de talento, como un valor de especial interese entre as persoas candidatas a incorporarse nelas.

Primeiramente, incidirase en cuestións de especial relevancia sobre cal é o talento que están a buscar as empresas e cales son as ferramentas coas que contan para buscalo e recrutalo, para a continuación incidir nas pautas e recomendacións para potenciar os factores do talento e como establecer e definir un plan propio de autodesenvolvemento do talento.

Por último, abordarase un bloque de contidos prácticos nos que se fará repaso das pautas e consellos para posicionar o valor da candidatura de cada persoa, facendo fincapé en como crear unha estratexia de carreira profesional.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 07 - Apoio da IA na procura de emprego
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Este curso céntrase en axudar ás persoas participantes a optimizar cada unha das fases da busca activa de emprego mediante o uso intelixente de ferramentas de IA, delimitando claramente o que a tecnoloxía pode facer e o que non se debe delegar nela.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 06 Curso Inglés
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Presentación.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 05.- Habilidades comunicativas, negociación e xestión do estrés
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Nun mercado laboral cada vez máis cambiante, dixital e competitivo, as competencias técnicas seguen sendo importantes, pero xa non son suficientes. As organizacións buscan persoas capaces de comunicarse con eficacia, traballar con outras persoas, xestionar conflitos, adaptarse aos cambios, transmitir confianza e construír unha identidade profesional sólida e coherente. A comunicación é moito máis que falar ben. É a capacidade de conectar, influír, negociar, xestionar situacións complexas, transmitir valor e construír relacións que nos acheguen ás nosas metas profesionais.

Este formación propón unha aproximación práctica, actual e orientada á realidade profesional. Ao longo dos diferentes temas traballaranse aspectos clave como a comunicación verbal e non verbal, a negociación, a xestión do estrés, a autoestima e o autoconcepto profesional, a marca persoal e o networking estratéxico.

A metodoloxía está baseada na reflexión, a aplicación práctica e a análise de situacións reais. Non se trata unicamente de adquirir coñecementos, senón de desenvolver habilidades que poidan empregarse desde o primeiro momento en entrevistas, procesos de selección, proxectos profesionais, emprendemento ou na construción dunha carreira profesional sostible.

Porque a empregabilidade non depende só do que sabemos facer. Tamén depende da nosa capacidade para comunicar quen somos, que valor aportamos e como construímos relacións e oportunidades ao longo do tempo.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 04. Motivación e liderado
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Esta formación busca que vexas como se entenden no ámbito profesional a motivación e o liderado para que as empresas te perciban como un candidato con alta motivación e boas capacidades para liderar.

Coñecerás o prestixioso modelo Insights Discovery ® baseado na teoría psicolóxica de Carl Jung para establecer unha linguaxe sinxela que nos permitirá afondar no autocoñecemento e facilitar a nosa autoxestión.

Entenderás conceptos clave da motivación para a vida e para o traballo en función das diferentes tipoloxías de personalidade, como incrementar a disciplina, a diferenza entre xestionar e liderar, e os estilos de liderado definidos por Daniel Goleman.

E aprenderás a usar unha ferramenta práctica de xestión de plans de desenvolvemento que che permitirá tomar o control do teu crecemento persoal e profesional nestas e outras habilidades chamadas “brandas”, esenciais para o éxito na vida profesional, sobre todo ó principio.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 03.- Ferramentas TIC para o posicionamento e marca persoal
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

As posibilidades da tecnoloxía as poñemos en práctica en múltiples accións do noso día a día e son aceptadas por persoas e empresas como medio de comunicación e interacción de xeito natural e eficiente. Neste eido, as corporacións mais adiantadas desenvolven estratexias de Nethunting o recrutamento 2.0 a través das que constitúen comunidade e captan talento na Rede, que é preciso coñecer e nas que é necesario saber interactuar.

Como persoas candidatas temos unha excelente oportunidade de dialogar de forma natural e nun entorno neutral, e poñer en valor a súa creatividade, autoridade e competencia na súa área profesional. É nesa contorna onde pequenos detalles nos nosos perfís e presenza na Rede poden marcar a diferencia entre xerar interese ou non, por iso é relevante coidar da nosa identidade dixital e da nosa reputación online.

Por outra banda a nosa participación no marco dixital, marca a forma na que nos relacionamos cos demais e a pegada que deixamos no marco da nosa interacción, sendo de suma importancia e utilidade para a nosa estratexia de busca de emprego.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 02 O CV: elaboración e actualización
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Este curso ten como obxectivo que o alumnado identifique os criterios para ordenar e elaborar os distintos apartados do CV dacordo cos requisitos do mercado laboral e as propias competencias.

Está distribuído en tres partes nesta plataforma Moodle:

1. Uha parte en directo a modo de resumo na que se tratarán os seguintes contidos:

  • Estrutura xeral do CV.
  • Resumo dos traballos previos á realización do CV.
  • Exemplo de análise de oferta de emprego (as palabras clave).
  • Realización dun CV en Word dende cero.
  • Apartados do CV.
  • Tipos de CV segundo o contido e a forma.
  • Visualización e comentario xeral dalgúns CV (CV cego, Europass, CV infográfico,…)

2. Unha parte en diferido na que se desenvolven en seis módulos os contidos anteriores máis polo miúdo a través de presentacións locutadas, así como as correspondentes presentacións en PDF.

3. Información adicional de carácter voluntario para as persoas participantes sobre: plantillas, carta de presentación; modelos de CV (vídeoCV, creativos, infográficos, tradicionais, Europass, cego, etc.); a técnica do “Discurso de Ascensor” (Elevator Pitch) como recurso para a descrición do perfil profesional tanto de forma verbal coma escrita, etc.

Participa no Foro e trasládanos as túas dúbidas e comentarios!

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imagen del curso 01 Busca activa de emprego
Xuventude Mentoring 2026

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Buscar emprego hoxe vai moito máis alá de enviar CV. Supón aprender a moverse con estratexia, coñecer o mercado laboral, descubrir o propio valor profesional e desenvolver ferramentas que permitan crear oportunidades reaisNeste curso traballaremos dun xeito práctico e dinámico aspectos clave como o autocoñecemento, a organización da busca, o networking, a marca persoal, os procesos de selección e o uso da IA como apoio á empregabilidade. O obxectivo é que cada participante deixe de buscar “a cegas” e comece a construír un camiño profesional con máis foco, seguridade e intención.