
A importancia da Busca Activa de Emprego radica en levar a cabo unha serie de pasos, adestrar unha serie de actitudes, interiorizar conceptos e recursos para saber manexarse e poder lograr unha óptima inserción ou reinserción laboral.
Para que ese proceso se desenvolva de xeito óptimo, é importantísimo coñecer a evolución dos mercados laborais, aprender a elaborar un plan de acción para a difusión do perfil profesional e, sobre todo, investigar o propio perfil profesional.
Programa formativo confinanciado por:

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.