Formación asociado á X edición do programa Xuventude Mentoring, convocatoria 2026-2027

01 Busca activa de emprego
Xuventude Mentoring 2026-27

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Buscar emprego hoxe vai moito máis alá de enviar CV. Supón aprender a moverse con estratexia, coñecer o mercado laboral, descubrir o propio valor profesional e desenvolver ferramentas que permitan crear oportunidades reais. Neste curso traballaremos dun xeito práctico e dinámico aspectos clave como o autocoñecemento, a organización da busca, o networking, a marca persoal, os procesos de selección e o uso da IA como apoio á empregabilidade. O obxectivo é que cada participante deixe de buscar “a cegas” e comece a construír un camiño profesional con máis foco, seguridade e intención.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

02 O CV: elaboración e actualización
Xuventude Mentoring 2026-27

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Este curso ten como obxectivo que o alumnado identifique os criterios para ordenar e elaborar os distintos apartados do CV dacordo cos requisitos do mercado laboral e as propias competencias.

Está distribuído en tres partes nesta plataforma Moodle:

1. Uha parte en directo a modo de resumo na que se tratarán os seguintes contidos:

  • Estrutura xeral do CV.
  • Resumo dos traballos previos á realización do CV.
  • Exemplo de análise de oferta de emprego (as palabras clave).
  • Realización dun CV en Word dende cero.
  • Apartados do CV.
  • Tipos de CV segundo o contido e a forma.
  • Visualización e comentario xeral dalgúns CV (CV cego, Europass, CV infográfico,…)

2. Unha parte en diferido na que se desenvolven en seis módulos os contidos anteriores máis polo miúdo a través de presentacións locutadas, así como as correspondentes presentacións en PDF.

3. Información adicional de carácter voluntario para as persoas participantes sobre: plantillas, carta de presentación; modelos de CV (vídeoCV, creativos, infográficos, tradicionais, Europass, cego, etc.); a técnica do “Discurso de Ascensor” (Elevator Pitch) como recurso para a descrición do perfil profesional tanto de forma verbal coma escrita, etc.

Participa no Foro e trasládanos as túas dúbidas e comentarios!

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

04. Motivación e Liderado
Xuventude Mentoring 2026-27

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Esta formación busca que vexas como se entenden no ámbito profesional a motivación e o liderado para que as empresas te perciban como un candidato con alta motivación e boas capacidades para liderar.

Coñecerás o prestixioso modelo Insights Discovery ® baseado na teoría psicolóxica de Carl Jung para establecer unha linguaxe sinxela que nos permitirá afondar no autocoñecemento e facilitar a nosa autoxestión.

Entenderás conceptos clave da motivación para a vida e para o traballo en función das diferentes tipoloxías de personalidade, como incrementar a disciplina, a diferenza entre xestionar e liderar, e os estilos de liderado definidos por Daniel Goleman.

E aprenderás a usar unha ferramenta práctica de xestión de plans de desenvolvemento que che permitirá tomar o control do teu crecemento persoal e profesional nestas e outras habilidades chamadas “brandas”, esenciais para o éxito na vida profesional, sobre todo ó principio.