Imaxe do curso 01 Busca activa de emprego
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

A importancia da Busca Activa de Emprego radica en levar a cabo unha serie de pasos, adestrar unha serie de actitudes, interiorizar conceptos e recursos para saber manexarse e poder lograr unha óptima inserción ou reinserción laboral.

Para que ese proceso se desenvolva de xeito óptimo, é importantísimo coñecer a evolución dos mercados laborais, aprender a elaborar un plan de acción para a difusión do perfil profesional e, sobre todo, investigar o propio perfil profesional.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imaxe do curso 02 O CV: elaboración e actualización
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Este curso ten como obxectivo que o alumnado identifique os criterios para ordenar e elaborar os distintos apartados do CV dacordo cos requisitos do mercado laboral e as propias competencias.

Está distribuído en tres partes nesta plataforma Moodle:

1. Uha parte en directo a modo de resumo na que se tratarán os seguintes contidos:

  • Estrutura xeral do CV.
  • Resumo dos traballos previos á realización do CV.
  • Exemplo de análise de oferta de emprego (as palabras clave).
  • Realización dun CV en Word dende cero.
  • Apartados do CV.
  • Tipos de CV segundo o contido e a forma.
  • Visualización e comentario xeral dalgúns CV (CV cego, Europass, CV infográfico,…)

2. Unha parte en diferido na que se desenvolven en seis módulos os contidos anteriores máis polo miúdo a través de presentacións locutadas, así como as correspondentes presentacións en PDF.

3. Información adicional de carácter voluntario para as persoas participantes sobre: plantillas, carta de presentación; modelos de CV (vídeoCV, creativos, infográficos, tradicionais, Europass, cego, etc.); a técnica do “Discurso de Ascensor” (Elevator Pitch) como recurso para a descrición do perfil profesional tanto de forma verbal coma escrita, etc.

Participa no Foro e trasládanos as túas dúbidas e comentarios!

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imaxe do curso 03.- Ferramentas TIC para o posicionamento e marca persoal
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

As posibilidades da tecnoloxía as poñemos en práctica en múltiples accións do noso día a día e son aceptadas por persoas e empresas como medio de comunicación e interacción de xeito natural e eficiente. Neste eido, as corporacións mais adiantadas desenvolven estratexias de Nethunting o recrutamento 2.0 a través das que constitúen comunidade e captan talento na Rede, que é preciso coñecer e nas que é necesario saber interactuar.

Como persoas candidatas temos unha excelente oportunidade de dialogar de forma natural e nun entorno neutral, e poñer en valor a súa creatividade, autoridade e competencia na súa área profesional. É nesa contorna onde pequenos detalles nos nosos perfís e presenza na Rede poden marcar a diferencia entre xerar interese ou non, por iso é relevante coidar da nosa identidade dixital e da nosa reputación online.

Por outra banda a nosa participación no marco dixital, marca a forma na que nos relacionamos cos demais e a pegada que deixamos no marco da nosa interacción, sendo de suma importancia e utilidade para a nosa estratexia de busca de emprego.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imaxe do curso 04. Motivación e liderado
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

Aínda que puidera parecer que o liderado e a comunicación son dúas materias diferentes entre si, a realidade é que á hora de relacionarnos con persoas, a conexión entre ámbalas é directa e nítida.

Xa sexa no momento de dinamizar a un grupo de persoas ou de cara a promover acción noutras personas (empregadas, clientes, amigas, familiares…), esa comunicación coas indicacións precisas do que queremos acadar, cobra máis sentido se quen a promove é unha persona que ven revestida dunha certa autoridade, dun certo liderazgo.

Por iso, é moi importante sentar as bases da comunicación eficaz, sen obviar a parte previa consistente en dotar á persoa comunicadora dun halo de prestixio ou recoñemento que logre impacto en base á súa reputación e non á imposición formal das directrices derivada dun cargo superior aos demais.

Os múltiples exemplos cercanos e prácticos que se verán no curso fará máis asimilables e comprensibles os conceptos e contidos para mellorar nesta competencia persoal.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imaxe do curso 05.- Habilidades comunicativas, negociación e xestión do estrés
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

As soft skills ou competencias brandas permiten mellorar, crecer e destacar, tanto a nivel persoal como profesional e fan referencia a aquelas competencias que dan capacidade á persoa de motivar e traballar en equipo e, tamén, nun sentido máis amplo, a aqueles trazos do carácter que fan a unha persoa..

Ademais da información técnica e profesional que reflectimos nos nosos currículos, estas competencias xogan un papel verdadeiramente importante nos procesos de recrutamento e poden chegar a condicionar a decisión das persoas responsables dos procesos de recrutamento. Por iso é moi importante adestralas e traballar nelas cada día, aínda que sexa un 1% de mellora.

De feito, as Soft Skills acaban xogando un papel realmente importante na selección de persoal. As entrevistas adoitan ser determinantes, especialmente naqueles casos nos que hai varias persoas candidatas con habilidades e experiencia similares.

Hoxe en día as organizacións asumen a importancia de ter persoas cun alto desenvolvemento dos seus Soft Skills nos seus equipos, persoas capaces de achegar valor con iniciativa, actitude positiva, capacidade para traballar en equipo, liderar e resolver conflitos.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imaxe do curso 06.- Oratoria e dialéctica para pór en valor o perfil profesional
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

FORMACIÓN VOLUNTARIA DO PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

Con esta formación en modo presencial búscase incidir nos aspectos básicos da comunicación, entendéndoa como a canle que busca potenciar a capacidade de poder influír na posta en valor do perfil profesional das persoas participantes.

Trátase dunha sesión meramente práctica cunha metodoloxía activa e participativa, que busca unha aprendizaxe o máis práctica e significativa posible, realizando dinámicas que promovan a autorreflexión, a mellora das habilidades persoais e comprender mellor a comunicación como unha ferramenta de especial interese para a diferenciación do perfil profesional propio.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipo descrición cursos Mentoring Galicia

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imaxe do curso 07. A captación do talento
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

FORMACIÓN VOLUNTARIA DO PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

Dentro desta actividade de networking que combina contidos en liña e en modo presencial incidirase en como as empresas abordan a captación de talento, como un valor de especial interese entre as persoas candidatas a incorporarse nelas.

Primeiramente, incidirase en cuestións de especial relevancia sobre cal é o talento que están a buscar as empresas e cales son as ferramentas coas que contan para buscalo e recrutalo, para a continuación incidir nas pautas e recomendacións para potenciar os factores do talento e como establecer e definir un plan propio de autodesenvolvemento do talento.

Por último, abordarase un bloque de contidos prácticos nos que se fará repaso das pautas e consellos para posicionar o valor da candidatura de cada persoa, facendo fincapé en como crear unha estratexia de carreira profesional.

Programa formativo confinanciado por:

Logotipos Programa XM24 - VI edición

Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+, nun 60%, con cargo ao Programa FSE+Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.06.

Imaxe do curso 08.- Introdución ás obrigas e dereitos das relacións laborais
Xuventude Mentoring 2025-26

Logotipo Programa Mentoring Galicia

FORMACIÓN VOLUNTARIA DO PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

As relacións laborais que emanan do contrato laboral é o marco esencial de referencia sobre a que se asentan unha serie de dereitos e obrigas tanto para a persoa contratada como para a entidade empregadora.

Esta relación conleva unha interacción que debe atender a un conxunto de normativa que ampara e esixe a ámbalas dúas partes ao longo da mesma e, nalgúns casos, máis aló.

Esa lexislación laboral, de obrigado cumprimento para as dúas partes, é o eixo central deste curso voluntario. Nel farase unha análise dos distintos contidos que se inclúen, de xeito xeral, partindo dos tipos de contratos laborais, o estatuto dos traballadores e demais normativa e casuísticas que inciden na aceptación de calquera oferta laboral e no seu desenvolvemento sucesivo.

Búscase entón transmitir e dar visibilidade para adquirir un coñecemento básico e esencial do marco de referencia da contratación, dos dereitos e das obrigas laborais (polas dúas partes) e da súa interacción e evolución continua para facilitar a transición cara o emprego.